Publicación

Creación e territorios II. Federico L. Silvestre. 27/10/21

As tensións ao redor da teoría da creación protagonizaron a conferencia Das divagacións aos vagabundeos. O papel do errabundeo na creación do territorio, unha intervención coa que o profesor da USC e especialista en estética da paisaxe Federico L. Silvestre abriu a nova tempada do ciclo Creación e territorios da Fundación Luis Seoane, un espazo de investigación e divulgación sobre creación dirixido polo crítico, docente e investigador Alberto Cartón.