Publicación

Como se imprime un libro. Grafistas e impresores en Bos Aires 1936-1950

Entre novembro de 2017 e abril de 2018, a Fundación Luis Seoane acolleu a exposición Como se imprime un libro. Grafistas e impresores en Bos Aires 1936 – 1950, un proxecto comisariado por David Carballal sobre a época dourada da edición na Arxentina e algúns dos seus principais protagonistas, como Attilio Rossi, Horacio Coppola, Jakob Hermelin, Grete Stern, o impresor Manuel López e Luis Seoane. O universo plástico dos libros a través de preto cen títulos, a maioría primeiras edicións, protagonizou este proxecto no que estiveron representadas máis de 12 editoriais e unha vintena de coleccións.