Colmeiro. Cor e sentimento é un proxecto da Fundación Luis Seoane comisariado pola artista Mónica Alonso que analiza a importancia da cor na obra do pintor galego a través de case cen pezas, a maioría óleos, correspondentes a seis décadas de creación artística. A exposición transcorre a través de diferentes seccións que se deteñen nos motivos máis frecuentes na obra do pintor, como o bodegón, as maternidades ou as paisaxes; e noutras cuestións de especial interese, como a melancolía e a tristura que percorren o seu traballo ou a simbiose entre espazo interior e exterior.
Publicación