Publicación

Ciclo Creación e territorios. Zaida Muxí. 24/11/20

O papel e as aportacións das mulleres no desenvolvemento das cidades, desde as beguinas da Idade Media ata movementos como o Municipal Housekeeping no século XIX, son algunhas das cuestións das cuestións que abordou Zaida Muxí, arquitecta e profesora de urbanismo na ETSAB durante a conferencia Mulleres nas cidades dentro do ciclo Creación e Territorios dirixido por Alberto Carton, que se desenvolveu entre os meses de outubro e decembro de 2020 na Fundación Luis Seoane.