A utilización que Luis Seoane fixo das características identitarias de Galicia para construír unha linguaxe artística propia e dotar de contido á súa obra é unha das cuestións das que fala María Antonia Pérez nesta intervención. Baixo o título de O imaxinario de Luis Seoane, a profesora da UDC analiza as técnicas de expresión plástica de Seoane e a súa capacidade para visibilizar e revalorizar o carácter diferencial da cultura galega.
Publicación