Publicación

Ciclo Creación e Territorios III. Joan Nogué. 19/04/23

Paisaxe e emoción. Ética e estética na creación do lugar é o título da conferencia que Joan Nogué impartiu en abril de 2023 dentro do ciclo Creación e Territorios da Fundación Luis Seoane. Fundador do Observatori del Paisatge de Catalunya e director desta entidade entre 2004 e 2017, Nogué é un dos especialistas no estudo e análise da paisaxe e do territorio máis destacados do noso país. Nesta intervención afonda na relación ética e estética das persoas cos lugares que habitan, entendidos como espazos emocionais únicos e intransferibles.