Na conferencia Territorios espaciais: abstracción e arte cósmica, Gabriel Pérez Barreiro (A Coruña, 1970), un dos especialistas en arte latinoamericana máis destacados a nivel internacional, analiza o impacto que tivo na arte arxentina a primeira fotografía da Terra tomada desde o espazo, especialmente en artistas como o escultor Gyula Kosice, precursor da arte cinética, ou os pintores Victor Magariños e Raquel Forner. Tras a intervención de Carmen Pena, esta é a segunda conferencia da terceira edición do ciclo Creación e Territorios dirixido por Alberto Carton.
Publicación