A importancia que a práctica do gravado en madeira ou xilografía tivo na obra de Luis Seoane, así como na difusión desta técnica a partir do século XIX en Galicia é o eixo da conferencia Seoane, Galicia e a xilografía: unha opción estética do escritor e xestor cultural José Daniel Buján Núñez. O emprego da xilografía por parte de artistas como Paul Gauguin ou Frans Masereel, entre outros, influiu na plástica de creadores galegos como Carlos Maside ou o propio Seoane, que a adoptaron como vía para construír un novo imaxinario galego no que convivisen a Idade Media e a iconografía románica, as lendas e as tradicións do país, os traballos do mar e do campo e os seus protagonistas.
Publicación