Publicación

Ciclo Creación e Territorios. Chiara Sgaramella. 5/02/21

Chiara Sgaramella examina nesta conferencia o potencial da arte contemporánea para introducir novas percepcións e experiencias do concepto de tempo. Na súa intervención, a artista e investigadora do Centro de Investigación Arte y Entorno da Universitat Politècnica de València fai referencia ás aportacións de autoras como Donna Haraway e Claire Doherty, entre outras, para analizar as dimensións temporais da obra de artistas como Joseph Beuys e doutros creadores e colectivos contemporáneos que abordan as relacións entre sociedade e ecosistema.