Publicación

Ciclo Creación e Territorios. Carmen Pena. 9/03/22

Na súa conferencia A invención daquel estilo galego de vangarda, a catedrática de Teoría e Historia da Arte Contemporánea Carmen Pena analiza como as primeiras vangardas do século XX construíron un ideario sobre a identidade da arte que marcaría as súas creacións artísticas, xerando un estilo propio nun tempo no que territorialidade identificábase con nacionalidade. Na invención dese estilo conectaríase a tradición plástica de Galicia cos modernos movementos europeos de vangarda. Moitos artistas e teóricos participaron naquela tarefa, destacando entre eles Luis Seoane.