Publicación

Canal Seoane. Pablo García Martínez

Tras unha primeira tempada de catro episodios inspirada en Galicia Emigrante, a célebre emisión radiofónica creada por Luis Seoane en 1954, Canal Seoane regresa co obxectivo de divulgar as liñas de traballo da Fundación Luis Seoane. O investigador Pablo García Martínez, comisario da exposición Modernidades Diverxentes. Seoane, Ver y Estimar, protagoniza a primeira entrega desta nova etapa da serie de podcast dirixida por Alejandro Pan, na que analizará a relación entre Luis Seoane e a revista de arte arxentina Ver y Estimar liderada por Jorge Romero Brest.