Publicación

Canal Seoane. Marcelo Expósito

En xaneiro de 2021, o artista e crítico cultural Marcelo Expósito dirixe na Fundación Luis Seoane o seminario de lecturas Liñas de fuga, un proxecto que realiza un percorrido sintético a través do último século de debates en torno á historia, a estética e a política da arte no marco dos sucesos políticos e históricos contemporáneos. Neste novo episodio da serie de podcasts Canal Seoane dirixida por Alejandro Pan, Marcelo Expósito conversa sobre estes temas e outras cuestións co historiador e crítico cinematográfico José Manuel Sande, e coa directora da Fundación Luis Seoane, Silvia Longueira.