Na nova entrega de Galicia é migrante, o podcast do Canal Seoane, Antón Lezcano entrevista a Masha Pavlenko, da recentemente creada AGA-Ucraína, primeira asociación galega para a axuda aos refuxiados da guerra en Ucraína. De seguido, neste sexto episodio da serie intervirá Samuel Vázquez Martínez, membro da ONG Infancia de NAD que, xunto á súa familia, acolle desde fai anos unha rapaza ucraína na súa casa. Como xá é habitual, a emisión péchase cunha nova entrega da correspondencia entre Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane.