Publicación

Canal Seoane. Galicia é migrante II. Episodio 5

O quinto episodio da segunda tempada de Galicia é migrante, o podcast do Canal Seoane, ábrese coa entrevista que Antón Lezcano lle fai a Antonio Botana, chef do Grupo Nove, que afonda na fusión entre a cultura gastronómica galega e a mexicana. De seguido, no espazo Luis Seoane en datos intervirá o Presidente do Centro Galego de Londres, Nicolás Miño. Por último, o episodio remata coa terceira entrega da correspondencia entre Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane.