Publicación

Canal Seoane. Galicia é migrante II. Episodio 4

Antón Lezcano entrevista a Mª Teresa García Domínguez, técnica de xestión documental no Arquivo da Emigración Galega ao comezo do cuarto episodio da segunda tempada de Galicia é migrante, o podcast do Canal Seoane. Tras o espazo Luis Seoane en datos, intervirá Ramiro Bieito Vila, coordinador das asociacións e centros galegos en Alemania. Por último, a segunda entrega da correspondencia entre Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane pechará este episodio.