Publicación

Canal Seoane. Galicia é migrante. Episodio 7

Neste novo episodio de Galicia é migrante, Antón Lezcano entrevista a Oliver Laxe, director e guionista do filme O que arde, premio do xurado na sección Un certain regard do festival de Cannes en 2019. O realizador é membro fundador de Casa Quindós, un proxecto de carácter cultural e ambientalista sen ánimo de lucro que nace nos Ancares lucenses no ano 2017. O seguinte convidado do programa é Senén Fente Díaz, responsable de A Nosa Casa de Galicia en París, e finalmente, como xa é habitual, a emisión péchase cunha nova entrega da correspondencia entre Luis Seoane e Isaac Díaz Pardo.