Publicación

Canal Seoane. Galicia é migrante II. Episodio 2. Programa especial con Lucía Aldao

A poeta Lucía Aldao conduce o primeiro especial do podcast Galicia é migrante, do Canal Seoane. Emigración, xénero e identidade son os eixos a través dos que coñecemos os perfís de diferentes persoas migrantes, que moitas veces van alén dos significados destes termos. Esta é unha das razóns polas que é necesario darlles voz, coñecer os seus percorridos e ampliar conceptos como pertenza ou amparo.