Publicación

Canal Seoane. Galicia é migrante II. Episodio 1

Antón Lezcano conduce o primeiro episodio da segunda edición de Galicia é migrante, o podcast do Canal Seoane inspirado na célebre emisión de radio creada por Luis Seoane en 1954, que nesta ocasión inclue unha entrevista co xornalista e escritor Xesús Fraga, na que o autor analiza a esfera emocional e outras cuestións relacionadas coa migración. Ademais, este novo episodio achegarase ao proxecto Laboratorio Reinicio, un formato de investigación desenvolvido pola Fundación Luis Seoane acerca dos arquivos persoais e a construción da identidade das persoas migrantes.