Publicación

Canal Seoane. Episodio 3. Porco Bravú

Canal Seoane é unha serie en formato podcast dirixida por Alejandro Pan inspirada en Galicia Emigrante, a célebre emisión de radio creada por Luis Seoane en 1954, na que se fusionan dúas propostas diferentes: Galicia é migrante e Testemuñas no tempo. Na primeira, un comunicador galego tratará diferentes cuestións relacionadas coa cultura e a actualidade. De seguido, Testemuñas no tempo ofrecerá as reflexións de novos profesionais galegos que desenvolven a súa actividade laboral fóra de Galicia, unha emisión realizada durante o período de confinamento.

A terceira entrega de Galicia é migrante está a cargo do colectivo Porco Bravú.