Publicación

As mulheres transforman os museos. Un proxecto intercontinental Arxentina/Brasil/España. 2

A segunda entrega do proxecto As mulheres transforman os museos é unha vídeo carta elaborada por diferentes persoas que narran as circunstancias do seu proceso migratorio a través das lecturas de Fardel de Eisilado, o primeiro libro de poemas de Luis Seoane, publicado en 1952 en Bos Aires por edicións Ánxel Casal.

A través da Facultade de Educación da Universidade Complutense de Madrid, e baixo a dirección da catedrática Marián López Fernández Cao, a Fundación Luis Seoane participa neste proxecto de análise e reflexión sobre o papel da muller dentro da transformación dos espazos museísticos, que conta coa financiación do Instituto de las Mujeres do Ministerio de Igualdad de España.