A tormentosa relación entre Pablo Picasso e a pintora francesa Françoise Gilot protagoniza esta sesión do ciclo Amantes, musas, modelos: Picasso e as súas mulleres. Na conferencia Françoise Gilot “A muller flor”, a comisaria de exposicións e xestora cultural Rosario Sarmiento fala acerca dos dez anos nos que a parella conviviu, das tensións persoais e profesionais entre ambos artistas e das circunstancias que rodearon a súa separación, entre outras cuestións.
Publicación