Tras as sesións dedicadas ás primeiras relacións amorosas do pintor español durante a súa estadía en Montmartre e á súa primeira muller Olga Koklova, Rosario Sarmiento analiza a influencia na obra do artista da modelo francesa Marie-Thérèse Walter, protagonista dunha parte fundamental da súa produción e nai da súa filla Maya. A gran paixón sexual de Marie-Thérèse Walter. A musa principal da Suite Vollard e o seu simbolismo erótico é o título da terceira conferencia do ciclo Amantes, musas, modelos. Picasso e as súas mulleres, incluido nos actos da Celebración Picasso 1973-2023 organizada polo Concello da Coruña.
Publicación