Publicación

Amantes, musas, modelos. Picasso e as súas mulleres. Ciclo de conferencias. 10.05.23

Dora Maar ou ‘A muller que chora’ é o título desta conferencia na que Rosario Sarmiento analiza a influencia da fotógrafa e pintora parisina na obra e na vida de Pablo Picasso entre os anos 1936 e 1942, con especial atención a unha das súas pinturas máis coñecidas, ‘La femme qui pleure (A muller que chora)’, un óleo sobre tea realizado en 1937 para o que Maar serviu como modelo. A intervención forma parte do ciclo Amantes, musas, modelos. Picasso e as súas mulleres, incluido nos actos da Celebración Picasso 1973-2023 organizada polo Concello da Coruña.