Lois Patiño. Marea
A exposición ‘Lois Patiño. Marea’ reúne as instalacións, videocreacións e curtametraxes experimentais realizados polo cineasta Lois Patiño desde o ano 2010.
Moscoso Cosmos. O universo visual de Victor Moscoso. Presentación 13.04.23
O 14 de abril de 2021, a Fundación Luis Seoane inauguraba a exposición Moscoso Cosmos. O universo visual de Victor Moscoso, a maior exposición realizada sobre a obra do artista galego, pioneiro da gráfica psicodélica e un dos deseñadores máis orixinais e influíntes do século XX.
Ciclo Creación e Territorios III. Joan Nogué. 19/04/23
‘Paisaxe e emoción. Ética e estética na creación do lugar’ é o título da conferencia que Joan Nogué impartiu en abril de 2023 dentro do ciclo Creación e Territorios da Fundación Luis Seoane.
Canción de Pedro Costa
A exposición ‘Canción de Pedro Costa’ xira ao redor da presenza do rostro, a voz e a canción na obra do cineasta portugués Pedro Costa.
Xesús! 70 anos de Campos. Exposición
A primeira retrospectiva en trinta anos sobre a obra do humorista gráfico Xesús Campos Álvarez, Chichi Campos, reúne na Fundación Luis Seoane maís de 300 pezas deste prolífico artista que retratou como ninguén un lugar e un tempo, a Galicia dos anos setenta e oitenta, de maneira intelixente e irreverente.
Redes do país. Exposición
Redes do país é unha exposición comisariada por Manuel Olveira que reune as obras e os obxectos producidos en tres proxectos desenvolvidos a partir da iniciativa Collaborative Village Play levada a cabo en localidades rurais de Hungría, Alemania e Galicia baixo a dirección de Antje Schiffers e Katalin Erdödi.
Ciclo Creación e Territorios III. Isabel Aguirre de Úrcola. 28/03/23
Durante a súa intervención na terceira edición do ciclo Creación e Territorios, a arquitecta e paisaxista Isabel Aguirre de Úrcola falou da adaptación do territorio ás necesidades dos seus habitantes, dos vínculos culturais e sociais coa contorna e do equilibrio e respecto ao medio.
FARO HORIZONTAL/7
FARO HORIZONTAL/7 é unha instalación do artista Juan Lesta e o músico Marco Maril que rcolle a través de sete canles de audio e video cinco momentos distintos dun punto do horizonte na costa de Galicia durante o luscofusco.
Ciclo Creación e Territorios III. Gabriel Pérez-Barreiro. 21/03/23
Na conferencia ‘Territorios espaciais: abstracción e arte cósmica’, Gabriel Pérez Barreiro (A Coruña, 1970), un dos especialistas en arte latinoamericana máis destacados a nivel internacional, analiza o impacto que tivo na arte arxentina a primeira fotografía da Terra tomada desde o espazo.
Redes do país
‘Redes do país’ é o título dunha exposición baseada nos traballos desenvolvidos a través de Collaborative Village Play (villageplay.net), unha iniciativa levada a cabo pola artista alemana Antje Schiffers, co-fundadora do colectivo Myvillages, e a dramaturga e comisaria húngara Katalin Erdödi en tres localidades rurais europeas.
Ciclo Creación e Territorios III. Carmen Pena. 30/11/22
‘Bataille y Buñuel a vueltas con los dedos de los pies’ é o título da conferencia coa que Carmen Pena (Salamanca, 1947) abriu a terceira edición do ciclo Creacíon e Territorios.
Como se imprime un libro. Grafistas e impresores en Bos Aires 1936-1950
Entre novembro de 2017 e abril de 2018, a Fundación Luis Seoane acolleu a exposición Como se imprime un libro. Grafistas e impresores en Bos Aires 1936 – 1950, un proxecto comisariado por David Carballal sobre a época dourada da edición na Arxentina e algúns dos seus principais protagonistas.
Xulio García Rivas. Manancial de sombras. Intervención 16/12/22
Días antes da inauguracion da exposición Manancial de sombras, que reune a obra máis recente de Xulio García Rivas, o artista realizaba unha intervención no patio da Fundación Luis Seoane.
Ciclo Ante a emerxencia. Programación viral de resposta rápida. Manuel Segade. 18/11/22
Na terceira sesión do ciclo ‘Ante a emerxencia. Programación viral de resposta rápida’, Manuel Segade, director do Museo CA2M, fala do proxecto #Unmetroymedio, unha iniciativa desenvolvida desde este centro de arte durante o período de confinamento para dar visibilidade á comunidade artística de Madrid.
Ciclo Ante a emerxencia. Programación viral de resposta rápida. Kristine Guzmán. 20/10/22
‘Ante a emerxencia. Programación viral de resposta rápida’ é un ciclo de presentacións y debates que se centra nos proxectos desenvolvidos polo MUSAC de León, o Museo CA2M de Madrid e a Fundación Luis Seoane da Coruña durante o período de confinamento establecido polas autoridades en 2020 ao comezo da pandemia da COVID-19.
Ciclo Creación e Territorios. Carmen Pena. 9/03/22
Na súa conferencia A invención daquel estilo galego de vangarda, a catedrática de Teoría e Historia da Arte Contemporánea Carmen Pena analiza como as primeiras vangardas do século XX construíron un ideario sobre a identidade da arte que marcaría as súas creacións artísticas.
Ciclo Creación e Territorios II. Luz Paz Agras. 6/04/22
A arquitecta Luz Paz Agras analiza o xurdimento dunha serie de iniciativas culturais na Europa da posguerra que sentarán as bases da cultura contemporánea, e afondarán nos procesos de interacción entre Arte e Arquitectura.
Ciclo Creación e Territorios II. Juan Guardiola. 16/02/22
En Territorios sostibles, Juan Guardiola fala da transformación das relacións entre arte e natureza a partir da aparición a mediados da década dos setenta de movementos artísticos como o Land Art, e de como a cuestión ecolóxica e conceptos como a ruralidade se converteron en obxecto de análise dentro das prácticas culturais contemporáneas.
Ciclo Creación e Territorios II. Carma Casulá. 26/01/22
A artista visual e fotógrafa free-lance Carma Casulá analiza nesta conferencia a capacidade da fotografía de paisaxe como medio para experimentar, entender e representar a nosa contorna, grazas ao seu potencial para transmitir emocións e o seu impacto na concepción social do territorio, así como para chamar a atención sobre cuestións relacionadas coa ecoloxía.
Ciclo Creación e Territorios II. José Daniel Buján Núñez. 26/11/21
A importancia que a práctica do gravado en madeira ou xilografía tivo na obra de Luis Seoane, así como na difusión desta técnica a partir do século XIX en Galicia é o eixo da conferencia Seoane, Galicia e a xilografía: unha opción estética do escritor e xestor cultural José Daniel Buján Núñez.