O Nunca Visto. Enrique Lista

Enrique Lista presenta Sísifo 3.0, un proxecto inacabado inspirado no célebre personaxe da mitoloxía clásica. Nesta peza, o artista aparece subindo unhas escaleiras e deslizándose polo pasamans para baixalas, nun proceso que se repite unha e outra vez ante os ollos do espectador. A obra forma parte dunha serie de ideas que Lista denomina ‘absurdos varios’, relacionadas coas capacidades do corpo humán nas que subxace unha certa ironía polas súas llimitacións. Durante a terceira sesión de O Nunca Visto, o autor fala tamén de varios dos seus proxectos e de traballos inacabados doutros creadores en compañía de Sara Donoso, coordinadora do ciclo.

O Nunca Visto. Sabela Eiriz

A segunda entrega de O Nunca Visto. O patrimonio oculto da arte contemporánea galega está protagonizada pola artista multidisciplinar Sabela Eiriz e o seu traballo A distancia é un estado mental, unha peza iniciada a comezos de 2014 que afonda na idea de distancia, do paso do tempo e da identidade persoal a través da fotografía, a escritura e os bosquexos en cadernos. Nesta entrevista, a creadora fala desta obra e doutras cuestións con Sara Donoso, coordinadora de O Nunca Visto.

O Nunca Visto. Monica Mura

Sara Donoso entrevista a Monica Mura para o ciclo O Nunca Visto. O patrimonio oculto da arte contemporánea galega, unha iniciativa da Fundación Luis Seoane en colaboración con A Colectiva. Asociación Profesional de Artistas de Galicia, cuxo obxectivo é dar a coñecer proxectos artísticos que non se chegaron a realizar; unha oportunidade para afondar nos procesos que acompañan á creación axudando a construir o seu corpus formal e conceptual.