Amantes, musas, modelos. Picasso e as súas mulleres. Ciclo de conferencias. 12.09.23

Na última conferencia do ciclo Amantes, musas, modelos. Picasso e as súas mulleres, Rosario Sarmiento elabora un perfil de Jacqueline Roque, última compañeira de Pablo Picasso.

Amantes, musas, modelos. Picasso e as súas mulleres. Ciclo de conferencias. 7.06.23

A tormentosa relación entre Pablo Picasso e a pintora francesa Françoise Gilot protagoniza esta sesión do ciclo Amantes, musas, modelos: Picasso e as súas mulleres’.

Amantes, musas, modelos. Picasso e as súas mulleres. Ciclo de conferencias. 10.05.23

“Dora Maar ou ‘A muller que chora’” é o título desta conferencia na que Rosario Sarmiento analiza a influencia da fotógrafa e pintora parisina na obra e na vida de Pablo Picasso entre os anos 1936 e 1942.

Amantes, musas, modelos. Picasso e as súas mulleres. Ciclo de conferencias. 12.04.23

Tras as sesións dedicadas ás primeiras relacións amorosas do pintor español durante a súa estadía en Montmartre e á súa primeira muller Olga Koklova, Rosario Sarmiento analiza a influencia na obra do artista da modelo francesa Marie-Thérèse Walter, protagonista dunha parte fundamental da súa produción.

Amantes, musas, modelos. Picasso e as súas mulleres. Ciclo de conferencias. 15.03.23

‘Olga Koklova. A “rusa branca” que inspira ao Picasso máis clasicista’ é o título da segunda conferencia do ciclo ‘Amantes, musas, modelos. Picasso e as súas mulleres’.

Amantes, musas, modelos. Picasso e as súas mulleres. Ciclo de conferencias. 7.02.23

A Fundación Luis Seoane únese ás celebracións do Ano Picasso cun ciclo de conferencias que afonda nos vínculos do pintor coas mulleres coas que conviviu.

Grupo de Estudos Galicia e o decolonialismo. Xosé Manoel Núñez Seixas [arquivo de audio]

A segunda sesión do Grupo de Estudos Galicia e o decolonialismo contou coa presenza do historiador Xose Manoel Núñez Seixas. Na súa conversa ‘A nación, suxeito adaptativo’, recollida neste arquivo de audio, o autor céntrase no concepto de soberanía co obxectivo de analizar se é posible falar dun tránsito entre a idea de hard sovereignty e unha soberanía blanda, en tanto hai unha perda do seu dominio e alcance.

Laboratorio Expedición I. José María Mesías Lema

O tempo, a memoria, a viaxe e o coñecemento protagonizan a primeira edición de Laboratorio Expedición. Conversas na rede da Fundación Luis Seoane, un formato audiovisual dividido en cinco capítulos nos que se establecerá un diálogo cunha serie de docentes, investigadores e colectivos co obxectivo de crear un espazo de debate acerca das novas posibilidades, usos e construcións da cultura contemporánea.