Xesús Vázquez. Nieve negra

/
Comisarios Alberto Ruiz de Samaniego

Xesús Vázquez (Ourense, 1946) é unha das figuras máis importantes do panorama da pintura contemporánea en España. Creador dun universo especial, practicante da abstracción e a figuración a un tempo, entre os intereses deste artista galego afincado en Santander destacan a historia como liña continua dun escenario no que os acontecementos máis terribles e recurrentes densevólvense para transformarse en decorado da existencia humana, o concepto de memoria, a literatura desde as súas orixes ata os nosos días, o jazz, a poesía contemporánea (Paul Valéry, Ezra Pound, T. S. Eliot), a arte, o mundo helénico e as súas milotoxías, as ideoloxías do século XX… Resulta case imposible atopar unha definición para a práctica pictórica de Vázquez, ademais de inxusto, xa que sería un intento de esquematizar e reducir unha obra chea de símbolos subtís, que consegue atrapar ao espectador como o espello de Alicia, a través do que se accede a unha dimensión diferente, que fai referencia á memoria persoal e colectiva.

En Nieve negra, Xesús Vázquez fai referencia ao universo dos campos de concentración a través duns trazos pictóricos que se achegan a un mundo baleiro de seres humanos, no que se trata de representar o carácter irrepresentable dun concepto tan arraigado ao devir do século XX como a experiencia brutal que se produciu naqueles espazos de morte nos que se trataba, xa fose en Polonia ou na lonxanía das paisaxes siberianas, de aniquilar física e espiritualmente a una parte da humanidade. A exposición reúne a obra máis recente do artista, desde o ano 2007 ao 2009, nun proxecto que inclue óleos, debuxos, esculturas e pezas audiovisuais.

Artistas: Xesús Vázquez

Exposicións actuais

A táctica do colibrí
Activismos educativos na defensa dos dereitos humanos
/
Exposición