La voz de Pasolini Primeiros apuntamentos dun ensaista cinematográfico

/
Comisarios José Manuel Mouriño

Lembrado sobre todo pola súa obra cinematográfica, a dimensión do traballo e da figura do cineasta e escritor Pier Paolo Pasolini (Bolonia, 1922-Ostia, 1975) vai moito máis alá do seu labor como realizador, xa que a súa actividade poética, ensaística e política marcou a traxectoria de quen, segundo Susan Sontag, “é, sen discusión, a figura máis notable que xurdiu no arte e na literatura italianos desde a Segunda Guerra Mundial”.

A exposición La voz de Pasolini. Primeros apuntes de un ensayista cinematográfico céntrase en dúas das súas obras máis coñecidas: Mamma Roma (1962) e La Rabbia (1963). Grazas á colaboración do Centro de Estudos-Arquivo Pier Paolo Pasolini e, sobre todo, do cineasta, crítico e historiador cinematográfico Carlo di Carlo, axudante de dirección en ambas películas, a Fundación Luis Seoane acollerá nas súas salas obras e materiais en diferentes soportes que axudarán a conformar un proxecto que afonda na figura de Pasolini como ensaista e, sobre todo, como pioneiro do ensaio cinematográfico e teórico do cine de poesía, en termos do propio intelectual italiano. A través do rexistro sonoro dos diarios de traballo de Mamma Roma realizados polo artista, gran parte deles inéditos, así como de textos manuscritos, debuxos orixinais, esquemas de rodaxe, guións e, nunha sección aparte, a exposición do caderno de montaxe de La Rabbia, La voz de Pasolini ofrece unha heteroxénea visión dunha figura controvertida, pero sobre todo comprometida co proceso creativo da súa propia obra.

Exposicións actuais

Mapa de desexos de Luis Seoane
/
Exposición
Gabinete Voula Papaioannou
/
Exposición