La vida secreta de los libros. Media Vaca 1998-2004 amosa a traxectoria da editorial valenciana Media Vaca, un referente internacional no mundo dos libros grazas á especial selección dos autores e títulos que compoñen o seu catálogo, así como o coidado deseño das súas publicacións, dirixidas fundamentalmete a un público infantil e xuvenil. A través das diferentes seccións da mostra, o espectador coñecerá o proceso de elaboración dos libros da editorial grazas a unha selección de documentos inéditos, material orixinal, bosquexos, debuxos descartados, probas de imprenta, etc. Entre os libros expostos, destaca a nova edición de Retratos Furtivos de Luis Seoane, que recompila nun só volume a triloxía formada por Retratos furtivos (Bos Aires, 1968), Otros retratos furtivos (Bos Aires, 1969) e Retratos de esguello (A Coruña, 1968), pequenas publicacións que recollen os debuxos que o artista realizaba en lugares públicos de cidades como Roma, Nova York, Valencia, Madrid, etc. sen que os seus modelos fosen conscientes de que estaban a ser retratados, aos que o autor engadía da súa propia man pequenas observacións referentes á personalidade dos seus protagonistas. En palabras de Seoane, son “retratos furtivos, hechos a escondidas, con disimulo, para no alarmar a la víctima, hurtando con la memoria los rasgos faciales de ésta para reproducirlos en líneas”. Xunto a Seoane, autores como Max Aub, Blaise Cendrars, Élisée Reclus, Jules Renard ou Ramón Gómez de la Serna, entre outros, completan esta proposta que estará nas salas da Fundación ata mediados do mes de outubro.
La vida secreta de los libros. Media Vaca 1998-2004
/
Comisarios
Vicente Ferrer