Valentín Paz-Andrade. Galiza como tarefa

/
Comisarios Xosé Díaz Arias de Castro

Coincidindo coa homenaxe da que será obxecto o escritor e economista Valentín Paz-Andrade (Lérez, Pontevedra 1898-Vigo 1987) o Día das Letras Galegas deste ano, a Fundación Luis Seoane dedícalle á súa obra e á súa traxectoria unha exposición comisariada por Xosé Díaz Arias de Castro, coa que pretende ofrecer unha visión ampla dun personaxe polifacético: poeta, ensaísta, activista político, empresario… Resulta difícil encadrar a un home que compartiu tempo, inquedanzas e iniciativas cos máis grandes representantes da cultura galega do século XX: Castelao, Luis Seoane, Vicente Risco, Otero Pedrayo, Díaz Pardo, Alexandre Bóveda e un longo etcétera de escritores, intelectuais e políticos que protagonizaron momentos de especial calado histórico como a proclamación do Estatuto de Autonomía de Galicia, o estalido da Guerra Civil e posterior represión franquista, a supervivencia e o desenvolvemento da cultura galega dentro e fóra das nosas fronteiras e, finalmente, a Transición, onde xogou un destacado papel como representante de Galicia.

Valentín Paz-Andrade. Galiza como tarefa divídese en 25 seccións, ordenadas na súa maior parte cronolóxicamente, nas que o espectador atopará documentos orixinais, fotografías da época, mapas, debuxos, maquetas, obras de arte e material audiovisual: un percorrido exhaustivo pola biografía, a creación, o compromiso e o inmenso esforzo de Valentín Paz-Andrade por reivindicar Galicia como nación, cultural e económica, e dotala dos medios e instrumentos necesarios para superar un atraso de séculos que impedía o seu desenvolvemento e o seu posicionamiento como enclave estratéxico dentro do espectro económico do século XX.

Artistas: Manuel Colmeiro, Isaac Díaz Pardo, Laverde, Laxeiro, Urbano Lugrís, Carlos Maside, Camilo Nogueira, Manuel Prego de Oliver e Arturo Souto

Exposicións actuais

Victoria Gil. Coser el río
/
Exposición