Unterwegs. Al paso de Walter Benjamin

/
Comisarios Alberto Ruiz de Samaniego

Seguindo co discurso expositivo iniciado en 2008 con Atlantikwall, e paralelamente á exposición Neve negra de Xesús Vázquez, a Fundación Luis Seoane presenta agora, neste ano no que se conmemora o 70 aniversario do inicio da Segunda Guerra Mundial, unha mostra centrada nun dos aspectos da biografía de quen foi un dos protagonistas principais do convulso século XX: o filósofo e crítico Walter Benjamin. A través de 70 fotografías realizadas polo artista bilbaíno Chema de Luelmo, a exposición, comisariada por Alberto Ruiz de Samaniego, percorre o último camiño dos moitos polos que discorreu a existencia do filósofo alemán, a última senda previa ao seu suicidio. Chema de Luelmo utiliza a expresión ‘unterwegs’, ‘en camiño’ en galego, para dar título a un proxecto centrado nun momento crucial na vida dunha persoa para a que os camiños significaban bastante máis que simples espazos lineais utilizados para desprazarse dun punto a outro. Unterwegs busca trazar unha correspondencia entre as vías xeográfica e intelectual seguidas ou creadas por Benjamin, trazando analoxías entre unha dimensión pedestre, corpórea, e outra espiritual, de índole intelectual.

Artistas: Chema de Luelmo

Exposicións actuais

A táctica do colibrí
Activismos educativos na defensa dos dereitos humanos
/
Exposición