Tres mulleres Magnum: Eve Arnold, Inge Morath e Cristina García Rodero trae á Fundación Luis Seoane unha selección de imaxes, sesenta en total, de tres das fotógrafas máis destacadas na historia do medio. A norteamericana Eve Arnold foi, no ano 1951, a primeira muller en ingresar na axencia Magnum, fundada tan só catro anos antes polos fotógrafos Robert Capa, David Seymour, Henri Cartier-Bresson, George Rodger, Bill Vandivert, Maria Eisner e Rita Vandivert. Tras ela, incorporaríase a austríaca-estadounidense Inge Morath en 1955; e no 2005, Cristina García Rodero sería a primera española en formar parte desta célebre axencia internacional de fotografía.
Comisariada por Rosa Olivares, editora e directora da revista de fotografía contemporánea Exit, imagen & cultura, Tres mulleres Magnum reúne algunhas das imaxes máis coñecidas realizadas por Eve Arnold e Inge Morath, así como unha selección representativa do traballo de Cristina García Rodero.
Para a comisaria, é fundamental destacar o feito de que as tres foron pioneiras nunha disciplina na que, aínda na actualidade, predomina a presenza masculina, así como as súas respectivas maneiras de abordar os temas que aparecen nas súas imaxes e interpretar o mundo que as rodea.
Tres mujeres Magnum: Eve Arnold, Inge Morath e Cristina García Rodero é unha produción do Centro Niemeyer de Avilés en colaboración coa axencia Magnum e Contacto Grupo Europa Press, co apoio do Instituto Asturiano de la Mujer, Fundación EDP, Ariexca e Universidade de Oviedo, Deputación de Valencia e o Concello da Coruña.
+ info: Nota_de_prensa.pdf