Trece estampas de la traición. Un álbum de guerra. Casa de Iberoamérica

/

Tras inaugurarse por vez primeira un mes de outubro de 2017 na Fundación Luis Seoane, o proxecto comisariado por Silvia Longueira e María Antonia Pérez Rodríguez ao redor do álbum Trece estampas de la traición de Luis Seoane con motivo da celebración do 80 aniversario da súa publicación, trasládase ás salas de exposicións da Casa de Iberoamérica grazas a un convenio asinado entre os alcaldes de Cádiz e A Coruña.

13 estampas de la traición. Un álbum de guerra contextualiza unha das obras máis coñecidas de Luis Seoane, realizada polo artista galego ao inicio do seu exilio na Arxentina tras verse obrigado a fuxir polo estalido da Guerra Civil. Nos trece debuxos que compoñen o álbum, 14 incluíndo a portada, Seoane pon de manifesto a inmoralidade do conflicto e os horrores da represión fascista, sinalando aos seus principais responsables, con Franco á cabeza, e denunciando os sufrimentos e as inxustizas infrinxidas á poboación civil.

A mostra ofrece a oportunidade de coñecer as circunstancias históricas e a influencia que a obra doutros creadores tiveron na xestación do álbum a través dun extenso apartado de documentación diversa: revistas, folletos de propaganda política, recensións da época e libros, entre os que destacan poemarios como Aviones de Arturo Cuadrado, publicado o mesmo ano que o álbum de Seoane ou A gaita a falare. Lembranzas e maldicións de Ramón Rei Baltar.

Ao día seguinte da inauguración, o sábado 29 de outubro, as comisarias ofrecerán unha visita guiada pola exposición, que terá lugar ás 12:00 horas.

Exposicións actuais

Victoria Gil. Coser el río
/
Exposición