Trabajar con signos. Alberto Corazón. 1963-2013

/
Comisarios Ana Arambarri

Trabajar con signos. Alberto Corazón 1963-2013 é unha mostra antolóxica sobre unha das figuras máis importantes da arte española do século XX: o deseñador e artista Alberto Corazón. Patrocinada e organizada pola Fundación Murcia Futuro, a exposición reúne carteis, publicacións, maquetas e bosquexos orixinais a través dos que o espectador poderá coñecer a evolución e o significado do traballo realizado polo deseñador madrileño nos últimos cincuenta anos. A comisaria da mostra, Ana Arambarri, creou un percorrido expositivo dividido en sete grandes bloques que ofrecen unha visión global do universo creativo de Corazón, tanto na súa vertente artística como nos eidos do deseño gráfico e industrial: Arte e deseño, Compromiso e ética, O papel do deseño na Transición, A renovación da imaxe, A modernización da empresa, O deseño e a Academia e O deseño e a arte, este último concibido expresamente para esta exposición, que estará nas salas da Fundación Luis Seoane ata finais do mes de febrero de 2014.

Artistas: Alberto Corazón

Exposicións actuais

A táctica do colibrí
Activismos educativos na defensa dos dereitos humanos
/
Exposición