Tomando como punto de partida unha cita do escultor norteamericano Richard Serra, Pedro Calapez presenta na Fundación Luis Seoane varios dos seus traballos máis recentes nos que, a través do debuxo, afonda na relación entre os límites da propia obra a contorna, entre o espazo no que se sitúa a obra e o que ese espazo contén. Esta relación plásmase nos traballos que conforman esta mostra, especialmente naqueles que, partindo dunha unidade (un debuxo, una pintura, un panel de alumínio) e mediante a súa multiplicación ata a formación dun mural, esvaecen as marxes da obra e transforman as salas en zonas que permiten percibir o específico, un elemento illado, para estenderse ao xeral, ao conxunto da obra, atraendo a mirada cara o espazo que ésta ocupa con respecto á arquitectura que a rodea.
Na práctica artística de Pedro Calapez, o debuxo ocupa un lugar central, non só como campo de intervención artística, senon como instrumento de reflexión, o lugar onde a observación do mundo, a memoria e o pensamento se unen, o mundo interpretado a través do debuxo.
Artistas: Pedro Calapez