Siluetas danzantes Animación y vanguardia en la obra de Lotte Reiniger

/
Comisarios Asier Mensuro

Lotte Reiniger (Berlín-Charlottenburg, Imperio Alemán, 1899-Dettenhausen, RFA, 1981) é coñecida internacionalmente como a autora do primeiro longametraxe de animación da historia, As aventuras do Príncipe Achmed, realizado coa técnica que lle daría sona: a animación de siluetas. Pero o seu legado vai moito máis alá, xa que, en realidade, tanto a súa personalidade como o carácter exquisito do seu traballo artístico constitúen un exemplo único e un vehículo para introducirnos nos conceptos e a análise de tres formas de expresión cinematográfica: o cine de vangarda, o cine abstracto e cine experimental. Hoxe en día, público de todas as idades, remiso inicialmente á achegarse a animación por siluetas, queda fascinado pola maxia e o poder visual do cine de Reiniger. A selección de obra que presenta agora a Fundación Luis Seoane amosa o universo da artista alemana a través dun percorrido que inclúe a proxección continua de As Aventuras do Príncipe Achmed, unha sección documental con fotografías da súa vida e das rodaxes dos seus filmes, así como bosquexos orixinais, storyboards, proxeccións de curtametraxes, ferramentas orixinais coas que se elaboraban as siluetas, fondos, un documental onde a creadora explica a súa técnica de animación xunto cunha ampla sección dedicada aos proxectos realizados para ilustrar a obra de Mozart, e mesmo as siluetas que realizaba para retratar aos seus amigos e coñecidos.

A partir do 21 de agosto ata o peche da mostra, amosaráse unha selección das súas películas no salón de actos da Fundación Luis Seoane, entre as que se atoparán títulos como a devandita As aventuras do Príncipe Achmed ou A fermosa Helena.

Artistas: Lotte Reiniger

Exposicións actuais

A táctica do colibrí
Activismos educativos na defensa dos dereitos humanos
/
Exposición