Seoane, fontes e recursos

/
Comisarios Silvia Longueira Castro

Camiño de Seoane é un novo ciclo de exposicións co que a Fundación Luis Seoane pretende construír ao longo dos vindeiros tres anos un marco de análise e investigación sobre a vida e a obra de Luis Seoane a través da implicación de artistas, comisarios de exposicións, escritores e historiadores, cuxo traballo final servirá para abordar o catálogo razonado da obra do artista galego.

Durante os case de 16 anos de existencia da Fundación Luis Seoane acometéronse diferentes iniciativas de traballo interno e investigación nos que colaboraron institucións e profesionais como Valeriano Bozal, Victoria Carballo Calero, Maria Luisa Sobrino, Ramón Villares, Xosé Díaz, José Manuel López Vázquez, Rodrigo Gutierrez Viñuales, Maria Antonia Pérez, Xavier Seoane, Xosé Luis Axeitos, entre outros, que conformaron un corpus de estudo e investigación que posibilitou o establecemento das bases do coñecemento sobre o universo Seoane. O traballo de documentación da propia Fundación levado a cabo sobre o fondo institucional, xunto coa acción pedagóxica desenvolvida a través de diferentes proxectos didácticos, foron artífices dun escenario no que a figura de Luis Seoane puido ser apreciada desde diferentes ópticas e enfoques por parte de investigadores e público e público en xeral.

Seoane, fontes e recursos é o título do proxecto expositivo comisariado por Silvia Longueira que inaugura este novo ciclo de exposicións, no que se amosarán un conxunto de 28 óleos realizados entre 1945 e 1958 polo artista galego. O propósito da mostra e o seu acotamento temporal responden á idea de debullar a realidade creativa e histórica de Luis Seoane baseándose en períodos que marcaron o seu ritmo vital ao redor da arte e o exercicio intelectual. O papel protagonista dos óleos responde ao seu carácter como obra máis meditada por parte de Seoane, aquela na que a presenza do artista faise máis evidente e na que éste envorca o coñecemento e o estudo técnicos obtidos a través da práctica creativa realizada noutros soportes. Seoane, fontes e recursos está divida en catro bloques: a muller, a Galicia rural, a guerra e a paisaxe. A exposición inclúe ademais a proxección do documental Isaac de Xosé Abad.

Artistas: Luis Seoane

Exposicións actuais

Fernando Blanco. Paisaxe, conciencia, fábrica
/
Exposición