A exposición inaugural da nova sede da Fundación Luis Seoane concibiuse coma unha oportunidade para contextualizar os referentes e influencias de Luis Seoane a través de obra de nove artistas cos que o pintor galego mantivo afinidades creativas ou persoais. Comisariada pola historiadora da arte e especialista en arte galega contemporánea María Luisa Sobrino Manzanares, Seoane e a Vangarda. Os seus mestres, os seus amigos afonda na relación entre a linguaxe dos diferentes creadores presentes na mostra e a busca de novas técnicas e formas expresivas por parte de Seoane.
Artistas: Francisco Bores, Óscar Domínguez, Fernand Léger, Carlos Maside, Maruja Mallo, Henri Matisse, Manuel Ángeles Ortiz, Pablo Picasso e Joaquín Torres-García