A atracción do individuo pola contemplación de accidentes e catástrofes de todo tipo é o tema o redor do que xira a exposición Seducidos por el accidente, un proxecto que explora o clima de angustia xerado polos medios de comunicación, que permiten presenciar en tempo real desastres e conflictos distantes espacialmente, así como a crecente impasibilidade do espectador fronte a imaxes devastadoras e a sensación de incerteza que invade a realidade cotiá das sociedades contemporáneas a nivel global. A exposición propón unha reflexión acerca do concepto de accidente, entendido como medio ou como tema, como soporte ou como denuncia a través dos traballos de vintecatro artistas internacionais; e dun ciclo de conferencias no que participarán Ignacio Ramonet, Benjamín González, Alberto Ruiz de Samaniego, Fernando Rodríguez de la Flor e Jean-François Chevrier, así como dun catálogo-ensaio que contará cunha introdución a cargo de Paul Virilio.
Artistas: Antoni Abad, Leonor Antunes, Artemio, Gabriele Basilico, Loris Cecchini, Arturo Fuentes, Mona Hatoum, Robert Longo, Cristina Lucas, Jorge Macchi, Euan Macdonald, Chelo Matesanz, Gordon Matta-Clark, Javier Núñez Gasco, Manuel Ocampo, Miguel Palma, Fernando Sánchez Castillo, Diego Santomé, Andreas Savva, Allan Sekula, Roman Signer, Joao Tabarra, Baltazar Torres e Pedro Tudela