Sargadelos recuperado. O Laboratorio de Formas 40 anos despois

/
Comisarios Xosé Díaz

Sargadelos recuperado: o Laboratorio de Formas 40 anos despois, organizada pola Fundación Luis Seoane e a Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales (SECC) baixo a coordinación do Ministerio de Cultura, é un proxecto comisariado por Xosé Díaz para celebrar o corenta aniversario da creación do Laboratorio de Formas de Galicia e amosar o papel que xogaron neste proxecto dous dos seus principais responsables, Luis Seoane e Isaac Díaz Pardo, especialmente no eido do deseño industrial e no labor de dinamización cultural en Galicia e na diáspora. A exposición céntrase nas diferentes etapas desta iniciativa cultural e industrial, desde a súa xestación ata os diferentes proxectos nacidos ao seu abeiro, como as Ediciós do Castro, a fábrica de cerámicas de Sargadelos, a recuperación do Seminario de Estudos Galegos, o Instituto Galego de Formación ou o Laboratoro Xeolóxico de Laxe. Sargadelos recuperado é tamén unha homenaxe á unha iniciativa chave sen a que non sería posible comprender a Galicia actual, e ao mesmo tempo, un sentido recoñecemento a Seoane e a Díaz Pardo, impulsores dunha idea -a unión de arte e industria- levada á práctica con gran esforzo no marco dunha sociedade que estaba comezando a saír do período de posguerra e que trataba de achegarse ás correntes culturais que se estaban a desenvolver en todo o mundo na década dos sesenta.

Artistas: VV.AA

Exposicións actuais

Órbita galega
Exposición sección Galicia. INTERSECCIÓN
/
Exposición
FFoco. Festival de Fotografía da Coruña
/
Exposición