Sandra Cinto. En silencio

/
Comisarios David Barro

En Silencio é unha instalación site-specific da artista brasileira Sandra Cinto na que recrea un gabinete de traballo, un lugar do que o creador está ausente pero no que se evoca a dureza e vacuidade do acto creativo mediante a presenza dunha mesa fronte a que a artista sitúa un violonchelo sobre unha pila de libros, dominados por unha montaña de papel, restos de partituras inacabadas que nos remiten ao sufrimento do esforzo repetitivo do creador ao que se invoca como unha especie de Sísifo involuntario que non consegue superar o seu sacrificio auto imposto. Ao igual que no resto das obras de Cinto, o debuxo actúa como fío conductor da proposta, enlazando as liñas delicadas que percorren a madeira que da forma ao instrumento musical cos pentagramas debuxados sobre as partituras que se van acumulando sobre o piso da sala, e con outros de enormes proporcións que cubren as paredes. A neutralidade cromática da proposta, así como o carácter estático que impregna a representación da noción de creación, transmiten sensacións de estraneza, provocando ao mesmo tempo unha perda de referencias espazo-temporais, o que acentúa o carácter onírico e irreal do conxunto.

En Silencio é un proxecto realizado grazas á colaboración da Fundación Luis Seoane de A Coruña e a sala Matadero de Madrid.

Exposicións actuais

Lois Patiño. Marea
/
Exposición
Victoria Gil. Coser el río
/
Exposición