Ruedo Ibérico: un desafío intelectual

/
Comisarios Nicolás Sánchez Albornoz

A editorial Ruedo Ibérico converteuse nun fenómeno que tivo a súa orixe no seu labor de difusión da cultura española do século XX, ao cubrir o baleiro cultural existente en España dende 1939, e desempeñando un papel fundamental ao enfrontarse á desinformación promovida polo réxime franquista. A mostra, comisariada polo historiador Nicolás Sánchez Albornoz, estrutúrase en dúas partes: unha primeira centrada nas orixes e traxectoria de Ruedo Ibérico e os seus fundadores, con especial atención ao seu director, José Martínez Guerricabeitia (1921-1986), e unha segunda sección que amosa os fondos da editorial divididos temáticamente, na que se inclúe unha selección de debuxos e colaxes realizados por diferentes colaboradores que serviron para establecer a liña estética das publicacións.

Exposicións actuais

A táctica do colibrí
Activismos educativos na defensa dos dereitos humanos
/
Exposición