Rúa adentro

/
Comisarios Alberto González-Alegre

Rúa adentro presenta unha selección das máis de mil imaxes que o fotógrafo Juan Rodríguez (A Coruña, 1960) rexistrou ao longo das diferentes etapas da construción da sede definitiva da Fundación Luis Seoane. A mostra inclúe asi mesmo un conxunto de bosquexos dos deseños realizados polos arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco que, xunto ás fotografías expostas, constitúen a memoria gráfica do proceso creativo que deu lugar ao edificio destinado a acoller a maior colección institucional dedicada á obra de Luis Seoane (Bos Aires 1910-A Coruña 1979), doada pola súa viúva, Mª Elvira Fernández.

Artistas: Juan Rodríguez

Exposicións actuais

Victoria Gil. Coser el río
/
Exposición