Resis Festival. Festival de música contemporánea da Coruña. Poéticas pendulares [ampliada ata o 1 de setembro]

/
Comisarios Raquel González García

Poéticas pendulares é unha exposición que reúne cinco pezas audiovisuais de diferentes artistas cuxo nexo común é a utilización do corpo, o espazo e o tempo como elementos de expresión artística, a través dos que se establece un diálogo entre a arte coreográfica e a poesía.

Les Grands Fantômes, da directora e guionista Louise Narboni e o coreógrafo Yoann Bourgeois; Figuras decorativas, da fotógrafa Verónica Vicente; Urna, do artista Xurxo Gómez-Chao; La vaca, la perra, la virgen, da bailarina e coreógrafa Luz Arcas e Vibración do tempo, da artista Gosia Trebacz dan forma a un proxecto comisariado por Raquel González García co que conclúe a terceira edición de Resis, o festival de música contemporánea da Coruña.

Toda a información sobre esta mostra pode consultarse a través da páxina web do festival: resisfestival.com/programa/poeticas-pendulares/

Exposicións actuais

Fernando Blanco. Paisaxe, conciencia, fábrica
/
Exposición