Redes do país

/
Comisarios Manuel Olveira

Redes do país é o título dunha exposición que reune os traballos elaborados dentro do proxecto Collaborative Village Play (villageplay.net), unha iniciativa desenvolvida en localidades rurais de Hungría, Alemania e Galicia pola artista alemana Antje Schiffers, co-fundadora do colectivo Myvillages, e a dramaturga e comisaria húngara Katalin Erdödi.

Antecedentes
No ano 2021 nace Collaborative Village Play, unha iniciativa cuxo obxectivo é levar a cabo en diferentes localidades rurais de Europa un evento artístico colectivo no que conflúan os puntos de vista, as formas de vida e o relato directo dos seus habitantes. Os traballos, as tradicións, as festas e celebracións, con especial atención aos xeitos de produción locais, protagonizan unha proposta que busca o recoñecemento e a supervivencia dunha herdanza produtiva e cultural que constituiu durante séculos a base económica e social de gran parte do territorio europeo, e que tras o abandono progresivo do campo desde os anos 50, loita por evitar a súa desaparición e reivindicar o seu legado. Ata este momento, Collaborative Village Play deu lugar a tres proxectos distintos: Dinnyeköztársaság (República Sandía) en Nagykaramás, Hungría; Alte Bäume werfen Schatten (As árbores vellas dan sombra) en Bostelwiebeck, Alemania e O canto da subasta en Porto do Son, Galicia.

A exposición
Comisariada polo xestor cultural Manuel Olveira, que participou na intervención en Porto do Son de onde é oriúndo, Redes do país reune as obras e obxectos producidos durante os tres proxectos, dispostos á súa vez en tres capítulos ou apartados: O bo camiño, A eso chámolle vivir e Sabemos cooperar. A exposición inclue ademais documentación audiovisual -vídeos, arquivos de audio e fotografías-, que permiten seguir as diferentes aportacións dos veciños a través dos seus testemuños directos e do relato dun proxecto que outorga voz propia e entidade como suxeito político a unhas estruturas poboacionais históricamente apartadas en apariencia do debate económico e social, artístico, creativo e intelectual.

Tanto o proxecto Collaborative Village Play como a exposición Redes do país foron posibles grazas á colaboración de veciños, traballadores, institucións e axentes culturais locais dos pobos nos que se traballou colectivamente, e tamén grazas ao apoio da Fundación Cultural Allianz e Instituto Goethe, así como a contribución de Gadis.

Texto_comisario.pdf

Nota_de_prensa.pdf

 

Exposicións actuais

Victoria Gil. Coser el río
/
Exposición