A exposición Ray Harryhausen. Creador de monstruos forma parte do compromiso da Fundación Luis Seoane coa revisión histórica e crítica dalgúns dos movementos e conceptos que contribuiron á definición da modernidade artística entendida nun sentido transversal. Considerado coma un dos maiores creadores de efectos especiais da historia do cine, o traballo sorprendente e sumamente seductor de Ray Harryhausen constitúe un referente fundamental para coñecer e disfrutar do xénero cinematográfico de aventuras e fantasía. A formación deste artista polifacético abrangue un profundo coñecemento de disciplinas tan dispares como a escultura, o debuxo, a fotografía ou o drama. A pegada de Harryhausen na historia do cine contemporáneo é enorme: chega recordar que, en realidade, Harryhausen non era director de cine, senon técnico de efectos especiais e, sen embargo, a maior parte dos afeccionados e crítica especializada, ao citar obras como Simbad e a Princesa ou Furia de Titáns, refírense a ellas coma películas “de Harryhausen”, o que o converte, xunto a Georges Mèlies, nun dos poucos creadores desta especialidade cun nome que figura en maiúsculas dentro das enciclopedias dedicadas á séptima arte. A técnica coñecida como stop motion, que segue a utilizarse hoxe en día, foi perfeccionada ao máximo por este artista nacido en Los Ángeles en 1920 e conta, aínda na actualidade, con destacados defensores dentro da industria cinematográfica actual, como Henry Selick.
Ray Harryhausen. Creador de monstruos é un proxecto comisariado por Asier Mensuro e producido pola Fundación Luis Seoane e The Ray & Diana Harryhausen Foundation. A exposición reúne preto de 74 debuxos e 22 maquetas orixinais, montaxes de vídeo con animacións inéditas, 50 fotografías e carteis: trátase da mostra máis ampla do traballo deste artista realizada ata esta data no noso país. Conta tamén cunha importante sección de documentación ao redor da relación de Harryhausen co ámbito do cine español, na que se inclue material inédito pertencente a arquivos de debuxantes, creadores e deseñadores como Gil Parrondo ou Fernando González, que colaboraron en diferentes momentos co técnico americano. Ademáis das obras incluidas na exposición, a Fundación Luis Seoane prepara un ciclo de cine cos títulos máis representativos da carreira de Harryhausen, que permitirá aos espectadores visitar de novo o mundo da imaxinación de quen é hoxe admirado a partes iguais por público e crítica.