A exposición Palabras contadas, pertencente ao Proxecto Edición coproducido polo Centro Galego de Arte Contemporánea, o Museo de Arte Contemporánea de Vigo MARCO e a Fundación Luis Seoane, xira ao redor dos soportes literarios alén do concepto clásico do libro impreso, destacando as posibilidades de expresión e a maior versatilidade de formatos como o relato ou a narración breve, e incidindo nas posibilidades da literatura para traspasar o seu eido de desenvolvemento clásico e inserirse en soportes da nosa contorna, desde os máis próximos e persoais ata os que se internan na linguaxe da cultura de masas postindustrial. Partindo dos textos do libro homónimo de Camilo Franco, responsable do proxecto, a mostra presenta un conxunto de escenas tomadas dos relatos curtos que o conforman, ofrecendo a posibilidade aos espectadores-lectores de achegarse a unha literatura non limitada exclusivamente ao papel.
Artistas: Camilo Franco