Perrilla. Inquietante inocencia

/
Comisarios Tonecho Otero

A pintura naif e sinistra da ilustradora Perrilla (A Coruña, 1981) protagoniza a exposición Inquietante inocencia, unha oportunidade para adentrarse no peculiar universo desta artista, poboado por figuras femeninas de enormes ollos e aspecto anenado, acompañadas moitas veces por pequenos animais ou mascotas, reais ou xurdidos da imaxinación da súa creadora, nos que aparecen elementos que enganden unha nota discordante e que producen unha sensación de desacougo no espectador, o que fai que o seu traballo se achegue máis ao surrealismo que a unha simple idealización dos seus personaxes, unha visión estética que conecta o seu traballo coa obra de artistas como Margaret Keane, Tim Burton, Edward Gorey, Hideshi Hino ou Suehiro Maruo, entre outros.

Na montaxe deseñada por Tonecho Otero, comisario da mostra e codirector xunto a María Nuñez do FKM Festival de Cinema Fantástico da Coruña, á cuxa programación pertenece esta mostra, incluiránse elementos que remiten ao barroquismo estético desta creadora a través da presenza no centro do espazo expositivo dunha peculiar sala de estar que contrastará cunhas paredes en rosa e crema nas que as pinturas traspasarán os límites dos marcos, producindo no espectador a sensación de que se adentra nun mundo especial, completamente diferente daquel do que provén, unha impresión que se acentúa ao ser recibido á entrada da sala por un mural de grandes dimensións realizado especialmente pola artista para este proxecto.

A traxectoria de Perrilla inclúe, ademais da súa participación en numerosas exposicións colectivas e obradoiros relacionados co mundo da ilustración como Viñetas desde o Atlántico ou Coruña Gráfica, a ilustración dos libros En un lugar de Malvadia de Jack Mircala, editado por Hiperión en 2016 e Os Cabezombis na mansión Espello de editorial Galaxia. En 2016 publicou o cómic El gato lunar.

Exposicións actuais

Órbita galega
Exposición sección Galicia. INTERSECCIÓN
/
Exposición
FFoco. Festival de Fotografía da Coruña
/
Exposición