Órbita galega Exposición sección Galicia. INTERSECCIÓN

/
Comisarios Sara Donoso

A Fundación Luis Seoane participa un ano máis en INTERSECCIÓN. Festival Internacional de Cine da Coruña acollendo varias das propostas da programación do certame, entre as que destaca a exposición Órbita galega, que recolle a actualidade da creación audiovisual en Galicia a través dos traballos de catro artistas.

As de obras Eva Díez, Sabela Eiriz, Carlos Fer e Juan Lesta abordan a realidade mediante soportes como a diapositiva, a fotografía analóxica, o vídeo ou a videoinstalación. As pezas seleccionadas por Sara Donoso, responsable da mostra, reflexionan acerca da ficisidade da materia, a presenza do corpo fotográfico ou os sitemas de percepción e memoria, entre outras cuestións. A través da poesía, a luz, a cor, o xogo e, por riba de todo, desde a fascinación polas imaxes, cada peza se enfronta ao reto de contemplar o mundo con ollos novos, de atopar o remoto no que semella común e acompañar novos relatos.

Un dos sinais de identidade de INTERSECCIÓN é apostar pola fusión das artes, respectando a natureza dos proxectos e tratando ao mesmo tempo de rachar coas lóxicas que impoñe a categorización de diferentes disciplinas. Neste sentido, búscase que as vías de exhibición sexan cada vez máis amplas, formando unha plataforma plural na que teñan cabida as distintas ramificacións do medio audiovisual. A sección Galicia do festival, da que forma parte esta exposición, permite así difundir o traballo de artistas en órbita.

Para máis información, premer aquí

 

Artistas: Eva Díez, Sabela Eiriz, Carlos Fer e Juan Lesta

Exposicións actuais

Órbita galega
Exposición sección Galicia. INTERSECCIÓN
/
Exposición
FFoco. Festival de Fotografía da Coruña
/
Exposición