Órbita Galega

/
Comisarios Sara Donoso

Órbita Galega - Sección Galicia, que reúne as obras de instalación da sección competitiva homónima de INTERSECCIÓN - Festival Internacional de Cine de A Coruña. A mostra ofrece unha ollada plural á creación contemporánea do país a través de pezas realizadas por Nerea Cordeiro, María X. Fernández, Silvia García González, Antía Iglesias, Rapapawn (Cynthia Alfonso - Óscar Raña), Cristina Souto Pita e Eduardo Varela.

Las obras exploran cuestións como a pegada industrial e turística na paisaxe, a memoria gardada en obxectos e ruínas ou os fluxos invisibles da natureza transformados en poesía visual. Instalacións, animación, escultura, vídeo e experimentación dixital conviven para debuxar un mapa diverso da escena galega actual, onde tradición, tecnoloxía e sensibilidade persoal dialogan nun mesmo espazo.

Exposicións actuais

Movemento e cor. Estampas de circo de Fernand Léger e Luis Seoane
/
Exposición
Guillermo Monroy. Aquí e agora
/
Exposición